InicioEconomíaO comité de Alcoa: "o que marcará se o estatuto serve é...

O comité de Alcoa: “o que marcará se o estatuto serve é o prezo ao que deixe a electricidade”

Os sindicatos iniciaron este venres Xove a súa campaña con lazos de cor azul eléctrico a fin de visibilizar a situación de electrointensivas como a fábrica de aluminio de San Cibrao

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa da factoría que a multinacional Alcoa ten no municipio lucense de Cervo iniciou este venres no municipio de Xove unha campaña de ‘lazos azul eléctrico’ por toda a comarca da Mariña para esixir solucións por parte do Goberno que garantan o futuro da industria electrointensiva.

En declaracións a EFE, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, explicou que os representantes dos traballadores distribuirán “lazos de cor azul eléctrico” nos establecementos comerciais, locais de hostelería e outros negocios, así como “os lugares máis concorridos”, para que fagan visible o seu apoio á loita polo futuro de Alcoa na Mariña Lucense.

CAMPAÑA PARA “VISIBILIZAR O APOIO Á LOITA”

A seguinte parada será no municipio veciño de Cervo, para facer chegar a campaña en poucos días “a toda A Mariña”.

Zan dixo que a idea é que “en cada comercio, en cada establecemento e en cada fiestra haxa un lazo azul”, para que se visibilice o apoio da Mariña á continuidade da fábrica de aluminio, que dá traballo directo a máis de mil obreiros, e que foi posta en cuestión pola multinacional co actual prezo da enerxía eléctrica.

En canto ás posibles solucións, esta mesma semana o secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, manifestouse na mesma liña que o secretario xeral de Industria, Raül Blanco, e reiterou que a aprobación do estatuto que regulará o funcionamento das empresas electrointensivas é “cuestión de días”.

SEN CERTEZAS

O comité de empresa insiste en que a aprobación dese estatuto é fundamental para empezar a negociar sobre algo concreto, porque recorda que o principal problema a liquidar é o elevado prezo da luz, que lastra o futuro da produción de aluminio primario na Mariña. Sobre o estatuto que prepara o Goberno para as industrias electrointensivas, Zan indica que “todo o que nos dixeron” ata agora non dá a “certeza” para manter a “continuidade da empresa”.

Zan advertiu este venres que é “moi importante que se visualice por parte de todos o que pasa na Mariña e en parte de Lugo”, onde seguen “cun problema ao que non se lle dá solución por parte de quen ten que darlla”, o Goberno central, “que é o que ten que lexislar”.

SEN DATA PARA UNHA REUNIÓN COA EMPRESA

Sobre o estatuto, o sindicalista expón que “nin confiamos nin desconfiamos. O que valerá será, unha vez presentado o estatuto, facer unha folla Excel cos datos e ver canto rebaixa o prezo da enerxía e canto nos queda, e comprobar se estamos no nivel de Francia e Alemaña. Ese será o único método de medición para valoralo”, advertiu. O comité e maila empresa demandan un custo nun baremo entre os 35 e os 40 euros/megavatio/hora.

Por agora, non hai data para unha reunión coa dirección da empresa para valorar o anunciado polo Executivo. “Estamos todos avaliando o que pode traer o estatuto, e a situación real de todas as partes é de espera das medidas concretas que incluirá o documento”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...